Presentación na asemblea anual de Divulgacción

Presentación na asemblea anual de Divulgacción
Presentación na asemblea anual de Divulgacción

Cada ano, Divulgacción (ou Asociación Galega para a Comunicación e a Cultura Científica e Tecnolóxica) realiza un encontro anual cunha parte privada, a asemblea de socios, e unha parte pública, aberta a toda a cidadanía coa presenza de comunicadores destacados e actividades chulas. Este ano tocou en Pontevedra o sábado 28 de outubro. Tamén puidemos facer unha visita ao museo de Pontevedra guiados pola responsable do departamento de didáctica. Un placer as explicacións e unha delicia descubrir os numerosos tesouros ocultos, para a maioría de nós, que encerra esta institución.

Este ano, dentro da rolda de presentación de proxectos feitos por socios tocoume levarlles o calendario “Ceos Galegos”. Así foi, aproveitando para explicar como se xestou a idea, como se levou a práctica, algunha das dificultades do camiño e, sobre todo, puideron palpar e tocar e gozar das imaxes do mesmo. Moi satisfactorio todo.

(Foto de Borja Merino; @destejiendo)

Poderías gostar de...

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024