Ceos Galegos > Arqueo e astro > Chega o inverno

Chega o inverno

Solsticio inverno

Solsticio inverno

Créditos: Rosa Veiga

O Sol móvese. A Terra móvese. As estrelas móvense. Todo se move. O máis evidente é o movemento diario do Sol. Pero tamén comprobar que os puntos do amencer e do solpor varían ao longo do ano. Quizais un dos nosos antergos, na época dos castrexos, descubriu que periodicamente o solpor tiña lugar no horizonte pasando polos mesmos cumios. E quizais decidiu marcar eses puntos dalgún xeito. Ao redor do 21 de decembro, o Sol detén o seu movemento cara o sur para comezar a poñerse, cada día, un pouco máis ao norte (cara á dereita na imaxe superior). Por iso a partir de hoxe, ás 17:28, as horas diarias de luz comezan a medrar. Aquí, o abrigo do Raposo (Amoeiro) agocha un estraño petróglifo, quizais esculpido por ese antergo noso. Aquí o solpor ten lugar xusto polo cumio de San Trocado. Alí hai un castro. Á pouca distancia está a Lansbrica. Outro castro. Preto de aquí o Coto da Zarra e o Coto do Castro. Máis castros. Comeza o inverno. Comeza Ceos Galegos.

Poderías gostar de...

Deixar unha resposta

A %d blogueros les gusta esto: