Ceos Galegos > Paisaxe Nocturna > O canastro polar

O canastro polar

Canastro Polar

“Canastro Polar” de Miguel Ángel

A Terra móvese, moito: rota, trasládase, precesa, nuta, abala. O máis evidente é o xiro ao redor de si mesma, ao redor dun eixe imaxinario que atravesa ao planeta de norte a sur. A rotación terrestre fai que según pasan as horas diferentes partes da Terra vaian ficando expostas ao Sol. Ou que o Sol pareza percorrer o ceo terrestre. Así ás horas de luz seguen horas de escuridade. E ao día séguelle a noite, aínda que cada vez menos escura. Un día tras outro cada 24 horas, en relación ao Sol; cada 23 horas, 54 minutos e algún segundiño extra, en relación ás estrelas.

Queres sentir como se move a Terra baixo os teus pés? Mira as estrelas preto do horizonte, dunha árbore ou dunha torre. Pasados uns minutos verás que xa non están no mesmo sitio. Sentíchelo? Olla a imaxe. O fotógrafo deixou a súa cámara apuntando 40 minutos á Estrela Polar. O resto de estrelas parece xirar ao seu redor, deixando os característicos ronseis circulares. Ata a polar fai un pequeno xiro. Porque o eixe terrestre só parece apuntar á polar; en realidade a algures preto dela.

A Terra móvese por baixo do canastro de Gontán (Verea, Ourense), ben orientado ao sur. O ceo xira por riba do canastro. Todo se move.

(Esta fotografía está publicada no Ceos Galegos 2018 – Calendario astronómico)

Poderías gostar de...

2 Respostas

  1. 14 Febreiro, 2018

    […] realidade todo se move. A Terra xira sobre si mesma, móvese polo espazo e o seu eixe de rotación tamén fai xiros. Coma […]

  2. 16 Febreiro, 2018

    […] Lúa xira ao redor da Terra. A Terra xira ao redor do Sol. O Sol xira ao redor de… xa chegaremos a iso. Ás veces, a […]

Deixar unha resposta

A %d blogueros les gusta esto: