Ceos Galegos > Paisaxe Nocturna > Un universo cheo de gravidade

Un universo cheo de gravidade

Antiguo Faro Silleiro

Antiguo Faro Silleiro, de Noa Táboas

Olla o que te rodea. Todo se move. Todo está unido pola gravidade. Olla ao ceo. Todo se move. Todo está unido pola gravidade. A lei de gravitación universal permite comprender o movemento dos corpos, así na terra como no ceo galego. Aí está o gran mérito da súa formulación. Canta maior masa teñen os corpos a atracción gravitatoria é maior. Canto máis afastados están os corpos entre si menor é a atracción.

A Lúa orbita á Terra atraída pola gravidade. Aínda que en realidade é unha atracción mutua. Os planetas orbitan ao Sol atraídos pola gravidade. O Sol orbita ao redor do centro da Vía Láctea atraído pola gravidade. As estrelas do ceo, agrupadas pola gravidade na forma dunha galaxia, móvense dun lado a outro, nunha danza cósmica en equilibrio pola atracción da gravidade dunhas e outras.

Un 25 de decembro de 1642 nacía Isaac Newton. El foi o primeiro en formular a lei da gravitación universal. Foi o primeiro en decatarse de que se unha mazá madura caía a terra ao soltarse da mazaira era polo mesmo que a Lúa está unida á Terra, o mesmo polo que hai mareas nos océanos, os movementos dos planetas e das estrelas.

Feliz Newtal, feliz nadal, felices festas, feliz saturnalia, felices festas do solsticio. Todo vén a ser o mesmo.

Poderías gostar de...

Deixar unha resposta

A %d blogueros les gusta esto: