Ceos Galegos > AstroDidáctica > Xira a terra ou o ceo?

Xira a terra ou o ceo?

Expo_ceosgal

Imaxe de Bardos, Osbio S.

Podes sentir como a Terra rota baixo os teus pés. Mira algunha estrela que estea baixa no horizonte. Volve a mirala uns cantos minutos despois; mudou de posición. Se miras cara o norte é máis evidente; como eixo de xiro aparente “apunta” á estrela polar a velocidade radial é maior nas estrelas que están máis preto. E xa sabemos que a estrela polar está ao norte.

Pero, como podemos diferenciar que se move a Terra e non o ceo? Pensar nas estrelas como situadas nunha esfera celeste de radio indefinido co noso planeta no centro foi un dos primeiros modelos cosmolóxicos dos antigos gregos, probablemente a conta de Eudoxo de Cnido. Aínda que xa Aristarco de Samos definira un modelo diferente co Sol no centro, non foi ata a revolución copernicana que se asentou a imaxe dun planeta en rotación xirando ao redor do Sol.

A primeira evidencia absoluta de que a Terra rota sobre si mesma debeuse a Foucault e a demostración do seu péndulo abalando de xeito libre. O plano de oscilación do péndulo xira solidariamente coa rotación terrestre, como podemos ver no modelo da Casa das Ciencias da Coruña. Na imaxe de hoxe, o péndulo acompañan a unha foto do noso calendario dos Ceos Galegos.

Visita a exposición de Ceos Galegos na Casa das Ciencias da Coruña.

Poderías gostar de...

1 resposta

  1. 30 Marzo, 2018

    […] Terra móvese sobre si mesma e ao redor do Sol segundo pasan as estacións. Como o noso planeta está en […]

Deixar unha resposta

A %d blogueros les gusta esto: