Ceos Galegos > AstroDidáctica > Isto é unha constelación

Isto é unha constelación

Constelación de Orión

“Constelación de Orión”, de Alfredo Madrigal

En realidade son varias constelacións. Podemos albiscar a Orión o cazador, Canis Minor o cadelo, Canis Major o can grande e incluso a Lepus a lebre.

Un grupo arbitrario de estrelas forma unha constelación. Entre estas estrelas non hai ningún tipo de ligazón máis forte que entre outras. Simplemente desde o punto de vista do observador pode parecer que esas estrelas se agrupan en debuxos máis ou menos afortunados. Pero co paso dos anos, ou máis ben, co paso de milleiros e milleiros de anos, o movemento propio das estrelas fará que as súas posicións no ceo terrestre vaian mudando, polo que os debuxos imaxinarios serán diferentes.

Neste pequeno anaco do ceo invernal atopamos 4 constelacións xa recollidas por Tolomeo dentro das 40 da tradición da Grecia clásica. Especialmente interesantes porque compoñen unha fermosa escena de caza.

Can Maior está abaixo á esquerda. A estrela máis brillante é Sirius, na súa cabeza, e podemos imaxinalo sobre as súas patas traseiras. Por riba vemos outra estrela bastante brillante, Procyon, pero resulta imposible imaxinar un cadeliño ao seu redor. Porén, Orión, é das poucas facilmente recoñecibles. Descubrimos as tres estrelas do cinto, as que descenden deste formando a espada, enmarcado todo por dúas estrelas por riba (os ombreiros) e outras dúas por abaixo (os pés). En canto á lebre, descansa aos pés do cazador.

Tamén hai un unicornio (Monoceros) entre os cans e cazador, pero xa hai que botarlle imaxinación para ver aí un ser imaxinario.

Poderías gostar de...

2 Respostas

  1. 3 Febreiro, 2018

    […] entre os montañeiros coma Dous Irmáns por razóns obvias. Ampliando a imaxe enxergamos as estrelas de Orión á dereita da Lúa, cos xemelgos Cástor e Pólux á […]

  2. 23 Marzo, 2018

    […] e francés, Pierre Méchain, que descubriu uns anos antes da revolución francesa este borrancho na constelación de Orión. Ao non saber o que sería, decidiuse chamala nebulosa, xa que el estaba en realidade interesado en […]

Deixar unha resposta

A %d blogueros les gusta esto: