Tralo solpor, cuarto crecente

Lua Crecente sobre a Cidade de Vigo
“Lúa Crecente sobre a Cidade de Vigo”, de Pablo J. Martínez Alemparte

A lúa, o satélite natural terrestre, nin é mentireira nin é verdadeira. Tralo solpor sempre amosa o cuarto crecente. Antes do amencer está en cuarto minguante. Se non está no ceo pode ser que aínda non saíra ou que sexa nova ou que esteas por detrás dun edificio. E todo isto vale vivas no país ou na Arxentina.

A lúa é tan brillante porque reflicte a luz solar, coma se fose un espello. Pero aínda en cuarto sempre está aí, completa. Se non o cres amplía a imaxe. A parte que semella non verse albíscase grazas á algo chamado luz cincenta. A parte alumeada brilla de máis polo comportamento do sensor da cámara, captou demasiada luz para poder enxergar o resto da paisaxe; a cidade de Vigo desde o miradoiro da Madroa hai un par de meses. Con toda a luz desperdiciada en forma de contaminación luminosa, especialmente no porto. Coas chemineas dun trasatlántico facendo unha parada técnica e, de paso, creando esa brétema que se estrica por riba dos peiraos. O barco ten nome de raíña inglesa, aí da que o varco non é dela.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024