Ceos Galegos > Paisaxe Nocturna > Alumeando un novo ano

Alumeando un novo ano

Créditos: Alfredo Madrigal

O faro de punta Roncadoira alumea ao contorno desde máis de 15 metros de altura. Da súa luz branca parece xurdir a Vía Láctea nun excelente arco que enmarca o ceo típico de inverno. Baixo a parte esquerda desa nube difuminada aparece a constelación de Can Maior que precede a Orión. Moi recoñecible coas súas tres estrelas do cinto, as brillantes dos hombreiros por riba e dos pés por baixo. Entre a luz do faro enxérgase unha manchiña luminosa creada por varios puntos luminosos que forman o cúmulo estelar aberto das Pléiades.

Comeza un ano novo. A Terra inicia unha volta nova ao redor da súa estrela a partires deste momento, escollido arbitrariamente polos humanos. O universo segue a moverse ao seu ritmo. Porque todo se move ao noso redor. Feliz aninovo 2018.

Poderías gostar de...

1 resposta

  1. 18 Xaneiro, 2018

    […] de ver no ceo. Entre o outono e a primavera, pero especialmente no inverno, percorren o ceo polo sur dentro da constelación do Touro e á dereita do recoñecible Orión. Son unha présa de estrelas, xuntiñas, sinxelas de ver […]

Deixar unha resposta

A %d blogueros les gusta esto: