Conxunción planetaria ourensá

Créditos: Rosa Veiga

De madrugares estes días podes gozar nos ceos galegos da conxunción de Xúpiter e Marte. Con sorte, se o teu horizonte non está ocupado por montañas ou edificios, poderás ver tamén a Mercurio xusto antes do solpor. Os astros do Sistema Solar móvense todos no mesmo plano aproximadamente. Por iso podemos ollar varios no mesmo anaco de ceo varias veces ao longo do ano. Sempre que non haxa nubes, claro. Ás veces hai ocultacións ou eclipses, cando un astro pasa por diante do outro. Ou aliñamentos, cando aparecen na formando unha liña ao longo do ceo nocturno. Pero neste caso falamos de conxunción planetaria.

Nos ceos ourensáns está a ser imposible contemplala polo mal tempo, así que nos temos que contentar cunha mega-conxunción simulada. Hai que aclarar que os planetas non están a escala neste caso. Nin de tamaños, nin de distancias, nin nos seus movementos. Pero o seu aspecto é bastante aquelado.

Facer un sistema solar a escala é moi didáctico pero complexo. Ningunha das imaxes dos libros de texto teñen unha escala real, porque no espazo está todo moi afastado. Podes facer unha escala de tamaños ou unha escala de distancias ou unha escala de tamaños e órbitas; pero neste caso ao mellor necesitas un país completo para ubicala. Ou visitar unha escala real. Podes construír o teu propio sistema solar a escala e aprender moito sobre as distancias planetarias.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “Conxunción planetaria ourensá”

Os comentarios están pechados.