Unha camelia cósmica

Créditos: Ángel R. D. Arós

Vale que hai quen ve unha rosa vermella, pero sendo galegos ben podemos chamala a nebulosa da Camelia, porque o de nebulosa Roseta quédanos algo distante. Sexa como sexa, esta nube cósmica fotografada desde Guitiriz (Lugo) é unha chea de gas hidróxeno que, no seu interior, alberga un grupo de estrelas que se fixeron oco. A nube recibe a denominación de rexión H II, con números romanos, indicando que o hidróxeno presente esta ionizado, é dicir, que o seu electrón foi arrincado. Son zonas nas que habitualmente se forman estrelas novas. Só ten que existir algún tipo de mecanismo que comprima o gas presente, ata lograr acender o queimador de combustible mediante unha reacción de fusión nuclear.

A simple vista non podemos enxergar a nebulosa e, cun telescopio pequeno, detectariamos só cúmulo de estrelas do centro. No caso desta imaxe foron necesarias varias tomas de varios segundos de exposición, empregando varios filtros para salientar algún dos gases presentes, e un posterior procesado informático para unir as imaxes. Ademais houbo a sorte de captar un meteoro atravesándoa.

Esta nebulosa vén estando na constelacion do Unicornio ou Monoceros, un grupo de estrelas perdido entre as constelacións de Orión e os seus fieis cans (Can maior e Can menor).

 

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

3 comentarios en “Unha camelia cósmica”

Os comentarios están pechados.