Ceos Galegos > Ceo fondo > As sete irmás do ceo

As sete irmás do ceo

Créditos: Alfredo Madrigal

Agora son moi sinxelas de ver no ceo. Entre o outono e a primavera, pero especialmente no inverno, percorren o ceo polo sur dentro da constelación do Touro e á dereita do recoñecible Orión. Son unha présa de estrelas, xuntiñas, sinxelas de ver incluso en contorno contaminados luminicamente, denominadas como as Pléiades ou M45 para os técnicos. Pero son máis fermosas a simple vista desde lugares escuros ou cuns simples prismáticos. Co avance da astronomía ao longo da historia, as sete irmás (que realmente estaban acompañadas dos seus pais Atlas e Pleione, albiscándose 9 estrelas) pasaron a ser tres ducias co telescopio de Galileo Galilei ata os centos que se coñecen na actualidade.

Realmente son estrelas irmás que naceron na mesma nube de gas e po hai pouco tempo, falando en termos cósmicos. Tan pouco como hai 100 millóns de anos, cando na Terra había dinosaurios. E suponse que seguirán viaxando en familia polo universo durante outros 250 millóns de anos máis, quen sabe se cando na Terra volva a haber dinosaurios. A nebulosidade que aparece nas fotos astronómicas non son restos da súa nube natal, senón outra que están atravesando por casualidade no seu planeo cósmico.

Moitas culturas antigas atoparon relevantes ás Pléiades. En galego a Academia da Lingua mantén que se denomina setestrelo, aínda que non todos o temos claro. En castelán reciben o nome das “siete cabritillas”. En xaponés reciben o nome de Subaru (unirse); fíxate no logotipo dun coche desa marca cando o vexas.

A imaxe foi feita desde os ceos ourensáns de Trevinca, procesando 8 tomas diferentes que sumaban un total de 80 minutos de exposición fotográfica. De aí a cantidade de estrelas que podemos admirar.

Poderías gostar de...

4 Respostas

  1. Diego Espantoso di:

    Noraboa pola web, é moi intresante. So lle botaría en falta, como neste caso, un pequeno esquema/mapa para localizar os obxetos para a xwente sen coñecementos.
    Un saúdo

    • Dosi Veiga di:

      Pois tes razón. Iremos mellorando, porque a idea é ir aprendendo día a día cos textos. Pero sefuro que as pléiades volven saír moi pronto, porque quedou moito que contar delas. Tamén é certo que aínda estamos ampliando a canteira de fotógrafos que envíen cousas.

      Graciñas por comentar.

  1. 17 Xaneiro, 2018

    […] Máis á súa dereita outro grupo de estrelas máis apertado, seis ou sete a simple vista, son as Pléiades das que falamos o outro […]

  2. 18 Xaneiro, 2018

    […] tempo e que agora están a espallarse polo cosmos. Na mitoloxía grega, son sete medio irmáns das Pléiades, coas que comparten mesmo pai: Atlas. No medio aparece unha intrusa, a estrela Aldebarán que do […]

Deixar unha resposta

A %d blogueros les gusta esto: