Novas > Os ceos galegos en Lugo

Os ceos galegos en Lugo

Os Ceos Galegos virtuais, da web, fanse reais, en forma de calendario que recolle 14 fermosas imaxes tiradas por algúns dos mellores fotógrafos do ceo nocturno de Galicia. Ademais, tamén se converten nunha charliña amena e didáctica que, desde a primeira vez a finais do mes de novembro, ten percorrido polo territorio varios centos de quilómetros.

Agora tócalle a Lugo, venres 12 de xaneiro, ás 19:00 horas. Falaremos das imaxes, como se fixeron, historias dalgúns libros famosos por tras delas, a astronomía, algo de ciencia, mitoloxía dalgunhas constelación… e moito máis. Tamén teremos sorteos e sorpresas, para todos vós, na Librería Trama.

Non o perdas, unha media horiña agradable, en boa compaña e con moito que aprender.

Poderías gostar de...

Deixar unha resposta

A %d blogueros les gusta esto: