Ceos Galegos > Lusco e fusco > Todas as cores do solpor

Todas as cores do solpor

Créditos: Óscar Blanco

Por que o ceo é azul? Por que o no solpor o ceo se volve vermello? Por que este ceo ten unhas cores tan variadas? Por que…? A resposta pode ser moi simple usando un tecnicismo: polo esparexemento Rayleigh, ou pode ser máis complexa, explicando con profusión de detalles o que pasa.

A luz do sol é branca, aínda que o sol é  amarelo. Pero esa luz branca está composta por varias cores no seu interior, cada unha con propiedades diferentes (lonxitude de onda e frecuencia). Vemos a descomposición da luz nun arco da vella, que non é máis que o resultado da refracción de diferente xeito das cores ao pasar polas pingas de auga que actúan como se fosen pequenos prismas. Esa é a clave, dependendo da lonxitude de onda que ten cada unha das cores que están dentro da luz branca, seguen un camiño diferente ao atravesar un medio de densidade diferente polo que se acaban separando, en vez de chegar mesturadas ata os nosos ollos. A cor azul, que ten a lonxitude de onda máis curta, esparéxese de xeito máis doado ao dar coas moléculas do aire, por iso o normal é ver o ceo azul. Só no solpor ou no mencer, cando o sol está moi baixo e a luz ten que atravesar unha capa moito máis densa de aire conséguese esparexer a cor vermella (de maior lonxitude de onda).

Na imaxe tras o solpor de marzo do ano pasado, na praia de Camariñas co faro Vilán ao fondo, vemos perfectamente ese efecto, cunha gradación de tons vermellos, brancos e azuis en función da altura.

Ah!, e no medio temos a Venus, un planeta que cando está no ceo brilla máis que calquera outra estrela (agás o propio Sol).

Esta imaxe adorna o mes de novembro do noso calendario. Se non o tes, só che quedan 15 días para que caduque.

Poderías gostar de...

1 resposta

  1. 7 Febreiro, 2018

    […] solpores son fermosos. O ceo amosa un espectaculo de cores variadas e o Sol ás veces abráianos con raios de cores […]

Deixar unha resposta

A %d blogueros les gusta esto: