Ceos Galegos > AstroDidáctica > A Invernalia celeste

A Invernalia celeste

Agora que xa chegou o inverno, no ceo domina a mesma familia de constelacións ano tras ano. Se queres descubrilas só tes que mirar ao sur; a zona co ceo que está entre o punto do amencer e o do solpor. Máis ou menos o que veñen a ser cinco ou seis cuartas abrindo as mans coa brazos extendidos. Para máis pistas, se estás nun ceo escuro teremos á Vía Láctea com marco superior. Que podemos mirar?

Cara á esquerda hai tres estreliñas xuntas que forman o “cinto de Orión”. Por riba, por baixo e á súa dereita agrúpanse outras estrelas que en conxunto formarían a figura dun guerreiro, un cazador: o Orión na mitoloxía grega. Esa tamén é a súa denominación oficial no catálogo de contelacións.

Á súa esquerda e abaixo hai unha estrela moi brillante, Sirius, que domina unha constelación máis complicada de ollar denominada axeitadamente O Can Maior.

Á dereita de Orión outra estrela brillante e, se te fixas, cun ton amarelado. É Aldebarán, situada na cabeza do Touro, constelación imposible de recoñecer coa forma dun boi. Pero ao redor de Aldebarán hai un grupo de estrelas que parece formar un V deitado, coma se fosen as cornas do touro. Trátase dun cúmulo de estrelas aberto chamado Híades. Máis á súa dereita outro grupo de estrelas máis apertado, seis ou sete a simple vista, son as Pléiades das que falamos o outro día.

Es quen de recoñecer esas figuras? Seguro que non?

Poderías gostar de...

6 Respostas

  1. 18 Xaneiro, 2018

    […] constelación do Touro hai unhas estrelas fermosas que semella formar as súas cornas, pois parecen un V deitado. Son as […]

  2. 25 Xaneiro, 2018

    […] Aí o están: Alcione, Taigeta, Pleione, Merope (chamada a pléiade perdida), Maia, Electra, Celaeno e Esterope (por duplicado), as sete irmáns do ceo, acompañando ao seu pai Atlas e á súa nai Pleione. En tempos dos gregos clásicos aparecen descritas por Eratóstenes de Cirene no seu libriño Catesterismos, onde nos conta que: […]

  3. 2 Marzo, 2018

    […] ceo tipicamente invernal, a pesares do gran foco de contaminación luminosa producido pola cidade de Vigo, destaca na parte […]

  4. 4 Abril, 2018

    […] movemento de traslación, en diferentes estacións o ceo nocturno vai mudando. Hai constelacións típicas de inverno, porque só se ven nesa estación. Pero tamén hai algunhas constelacións que se ven todo o ano, […]

  5. 6 Abril, 2018

    […] sobre as nosas cabeza aparece un espectáculo de balde: a constelación de Orión, como entre os telescopios da imaxe. Ou o Touro, na súa […]

  6. 26 Abril, 2018

    […] acolle baixo a súa luz esas constelacións que pouco a pouco van ir desaparecendo dos nosos ceos de inverno. Aó pola esquerda, xusto por riba dunhas nubes tenues, saliéntase o punto máis brillante da […]

Deixar unha resposta

A %d blogueros les gusta esto: