A Invernalia celeste

Créditos: www.stellarium.org

Agora que xa chegou o inverno, no ceo domina a mesma familia de constelacións ano tras ano. Se queres descubrilas só tes que mirar ao sur; a zona co ceo que está entre o punto do amencer e o do solpor. Máis ou menos o que veñen a ser cinco ou seis cuartas abrindo as mans coa brazos extendidos. Para máis pistas, se estás nun ceo escuro teremos á Vía Láctea com marco superior. Que podemos mirar?

Cara á esquerda hai tres estreliñas xuntas que forman o “cinto de Orión”. Por riba, por baixo e á súa dereita agrúpanse outras estrelas que en conxunto formarían a figura dun guerreiro, un cazador: o Orión na mitoloxía grega. Esa tamén é a súa denominación oficial no catálogo de contelacións.

Á súa esquerda e abaixo hai unha estrela moi brillante, Sirius, que domina unha constelación máis complicada de ollar denominada axeitadamente O Can Maior.

Á dereita de Orión outra estrela brillante e, se te fixas, cun ton amarelado. É Aldebarán, situada na cabeza do Touro, constelación imposible de recoñecer coa forma dun boi. Pero ao redor de Aldebarán hai un grupo de estrelas que parece formar un V deitado, coma se fosen as cornas do touro. Trátase dun cúmulo de estrelas aberto chamado Híades. Máis á súa dereita outro grupo de estrelas máis apertado, seis ou sete a simple vista, son as Pléiades das que falamos o outro día.

Es quen de recoñecer esas figuras? Seguro que non?

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024