Unha Lúa case nova

Créditos: Pablo J. Martínez Alemparte

O ciclo das fases da Lúa segue mes a mes. O crecente lunar segue á Lúa nova. Porén, nos primeiros días do abalo somos quen de ver o resto da Lúa cunha luz feble e tenue; chámase luz cinsenta ou cinérea. Mira a foto tomada desde a praia de Espedrigada (Vigo) o pasado día 19 e compróbao. Enxérganse os maria lunares, as zonas máis escuras, á perfección. Pero de onde provén esa luz da Lúa?

Se estiveramos na Lúa a Terra veríase case chea, case completamente alumeada polo Sol.  Precisamente é esa luz que despois de reflectirse no noso planeta volve ao noso satélite e despois de volta para ser captado polo fotógrafo. É un fenómeno coñecido desde a antigüidade. A primeira explicación case correcta escribiuna Leonardo da Vinci. No Códex Leicester aparece a súa descrición na que acerta na xeometría do fenómeno pero afirmaba erroneamente que é a luz reflectida polos océanos terrestres a que nos permite ver os mares lunares.

A luar reflíctese nun mar calmo con luces de barcos no horizonte, entre as que descata o faro de Cabo Bicos (Illa de San Martiño), e luces no ceo, como a estrela Iota Aquarii que acompaña o satélite natural.

Fotografía con 6 segundos de exposición, cámara Canon EOS60D, obxectivo EF 75/300 e ISO 1000.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

2 comentarios en “Unha Lúa case nova”

Os comentarios están pechados.