Ceos Galegos > FotoMóbil > Unha luz no ceo, unha luz na terra

Unha luz no ceo, unha luz na terra

Créditos da imaxe: Tamara Navaza Sa

Aló arriba, no alto do ceo, ves aquela luz? Aí hai xente. Aló abaixo, no cumio do medio, ves esa luz? Aí non vive ninguén.

Arriba, pasaba a fume de carozo o 29 de xaneiro ás 19:27 a Estación Espacial Internacional (EEI), puntual á súa cita, por riba das Illas Cíes desde a perspectiva da Senda de Punta Balea en Cangas (Pontevedra). Máis a EEI non levaba as luces de posición, senón que o seu brillo débese a que os seus paneis solares e a estrutura de aceiro reflicte a luz solar. Cunha superficie equivalente a un campo de fútbol é o obxecto máis brillante do ceo nocturno, por tras da Lúa. Agora está ocupada por cinco astronautas da tripulación 50: catro homes e unha muller; dous rusos, dous estadounidenses e un francés. Aí o vai, a só 400 km de altura orbitando ao noso planeta cada hora e media.

Abaixo, inmóbil, reloce o faro da Illa do Medio, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. Neste caso emite luz propia, permitindo que as naves terrestres atopen o seu camiño. Máis aí xa non vive ninguén, está automatizado.

Entre os dous luceiros o ceo parece un arco da vella xigante. Tralo solpor, a luz solar é refractada pola atmosfera creando un fermoso espectáculo de capas de cor, estratificadas nas diferentes cores da luz branca. Do vermello ao azul.

Charla: o editor de Ceos Galegos en Compostela, na Nave de Vidán, venres 2 de febreiro ás 21:00 horas “Un ano de astronomía en imaxes da NASA“, con observación astronómica ao rematar.

Poderías gostar de...

1 resposta

  1. 5 Marzo, 2018

    […] astrofotógrafos aproveitan eses pasos ou tránsitos para retratar esta nave espacial. Aínda que como neste caso as efemérides indicaran que o lugar máis idóneo estaba entre Buño […]

Deixar unha resposta

A %d blogueros les gusta esto: