Antonia, a primeira muller do ceo galego

Créditos da imaxe: arquivo familia Ferrín Moreiras (vía Consello da Cultura Galega)

En 1920 Antonio Ferrín Moreiras collía da man ás súas catro fillas e saía do Carballiño (Ourense), onde era mestre de matemáticas, cara Santiago de Compostela. A súa teima era procurarlle un futuro para as súas nenas naquela España escura e tercermundista de hai 100 anos, o que para el pasaba por estudiaren na universidade. A terceira filla, Antonia, que daquela tiña 6 anos, logrou rematar as carreiras de Química e Farmacia e xa en 1934 aparece como axudante de prácticas de docencia (sen cobrar). Compaxina varios traballos de clases particulares en centros privados cos estudos e o ensino na universidade. Durante a guerra civil unha denuncia anónima a aparta da docencia universitaria, pero en 1940 recorre o expediente e resulta readmitida. Nesa década marcha á Universidade Central de Madrid (hoxe a Complutense) para rematar a carreira de Ciencias Exactas (hoxe Matemáticas) que comezara xa en Santiago.

En 1963 convertiuse na primeir muller española en defender unha tese en astronomía, sendo tamén a primeira tese que se presentaba na recén nada Facultade de Matemáticas da USC. O seu titor, Ramón María Aller, astrónomo e sacerdote, fundara nos anos 50 o Observatorio Astronómico da USC que agora leva o seu nome. Alí Antonia fixo o seu traballo profesional de astrónoma non conseguindo que á morte de Ramón ficar traballando no observatorio. A praza existente foi suprimida. En 1964 acadou o nomeamento de Catedrática Numeraria de Matemáticas da Escola Feminina de Maxisterio Santa María da Universidade Central de Madrid, onde traballará ata a súa xubilación forzosa en 1984.
O seu traballo astronómico marcou a traxectoria, aínda actual, do observatorio santiagués. Así contribuíu con medidas de estrelas dobres, ocultacións estelares pola Lúa, medidas astrométricas e determinación de pasos por dúas verticales.

Morre en Santiago o 6 de xullo de 2009. Antonia Ferrín Moreiras foi a primeira astrónoma profesional galega e española. No día de hoxe conmemórase o Día Intenacional da Muller e a Nena na Ciencia.

 

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “Antonia, a primeira muller do ceo galego”

Os comentarios están pechados.