Ceos Galegos > FotoMóbil > Soles falsos no ceo galego

Soles falsos no ceo galego

Imaxe de: Bardos, Osbio S.

Descubrir cousas fermosas do ceo só require erguer a vista. De día ou de noite, o espectáculo está ao noso alcance. Nos ceos fríos, despexados ou con nubes altas, poden aparecer fenómenos solares coma este. Á ámbalas dúas beiras do Sol aparece a compaña de sendos parhelios. Aínda que o nome en inglés é máis descritivo: sundog, os cans do Sol.

É un fenómeno que combina refracción e xeometría. A luz solar é refractada coma na formación dun arco da vella, pero neste caso por cristais planos de xeo que hai nas capas altas da atmosfera, en vez de por pingas de auga. Estes cristais teñen forma hexagonal, o que provoca que o parhelio se forme a un ángulo mínimo de 22º de distancia do Sol; un pouco menos dunha cuarta co brazo extendido. Na faciana preto do Sol óllase a cor vermella, pois é a que menos se refracta ao ter unha maior lonxitude de onda. Poden aparecer tons verdes ou amarelos cara fóra.

Esta foto non é gran cousa, está feita cun móbil desde as terras do Ribeiro. Cando o fenómeno é máis claro pode dar a impresión de haber tres soles no ceo. Neste caso é unha foto de oportunidade, como a que podes mandar ti tamén para que a publiquemos en Ceos Galegos.

Poderías gostar de...

Deixar unha resposta

A %d blogueros les gusta esto: