Ceos Galegos > Paisaxe Nocturna > Ás veces vexo un observatorio

Ás veces vexo un observatorio

Créditos: Pablo J. Martínez Alemparte

Na parte de arriba contemplamos un fermoso ceo galego, de inverno. De esquerda á dereita podemos admirar varias constelacións entre as que destacan o Can maior (coa súa brillante estrela Sirio), Orión (dominando no centro da fotografía) e O Touro, coas súas cornas formadas polo cúmulo estelar aberto das Híades e unha manchiña pegada ao bordo superior que son as Pléiades, outro cúmulo de estrelas. Podes premer na imaxe para obter unha versión anotada da mesma.

Na parte de abaixo, coa característica forma redondeada, contemplamos un observatorio astronómico. Si, porque no noso país tamén se fai astronomía. Baixo a dirección dunha fundación no Observatorio Astronómico de Forcarei (OAF) colabórase en diversas actividades de divulgación científica e en campañas de observación astronómica.

Na parte do medio, afastando a Terra do ceo contemplamos a ubicua contaminación luminosa, neste caso a varias deceas de quilómetros de distancia no litoral galego. Se ben aparece sobreexposta nesta imaxe que ten 30 segundos de tempo de apertura do diafragma, resulta cada vez máis molesta para profesionais e para afeccionados a contemplar o ceo nocturno.

Poderías gostar de...

1 resposta

  1. Premendo na imaxe aparece unha versión anotada, con indicación das constelacións principais.

Deixar unha resposta

A %d blogueros les gusta esto: