Ceos Galegos > MeteoroLoxía > Un arco da vella branco

Un arco da vella branco

Créditos da imaxe: Dani Caxete

O arco da vella é unha proba de que a luz branca, en realidade, está composta de varias cores. Se queremos falar con máis propiedade podemos dicir que é a descomposición do espectro electromagnético da luz, aínda que isto normalmente é menos romántico. O máis habitual é ollalos en días de choiva, cando sae o Sol ás nosas costas. Porque a xeometría é importante. A fonte luminosa sempre ten que estar por tras de nós.

Pero tamén se poden ver de noite. A fin de contas, o luar non é máis que luz branca do Sol reflectida pola nosa Lúa. E se é chea mellor, pois hai máis luz. Así pasou nesta fermosa noite na mariña lucense onde o fotógrafo puido contemplar un fermoso arco branco lunar, un arco iris sen cores. Porque, ao ser noite, é máis difícil poder aprezar as cores típicas do día. Pero aí o están.

Por baixo e máis preto, aquí na terra, está a praia das Catedrais (Ribadeo). Non o parece porque non está ateigada de xente, pero si que o é, xa non eran horas pero está igual de fermosa baixo o luar.

Poderías gostar de...

1 resposta

  1. 8 Marzo, 2018

    […] cotío o ceo ofrécenos un espectáculo, ainda a simple vista. Só temos que miralo con bos ollos para descubrir fenómenos singulares. No […]

Deixar unha resposta

A %d blogueros les gusta esto: