Ceos Galegos > Cultura e astro > Un planeta buxaina de novo

Un planeta buxaina de novo

Créditos: Alfredo Madrigal

O noso planeta xira sobre si mesmo, a razón de algo menos de vinte e catro horas cada día. Este movemento chámase rotación terrestre e provoca que teñamos días e noites. Cando o noso país está de cara ao Sol é de día. Ese xiro ten lugar ao redor dun eixe imaxinario que atravesa a Terra polos polos xeográficos, norte e sur. Estes puntos son a orixe dos meridianos terrestres que, xuntos cos paralelos, son usados para as coordenadas xeográficas.

Na nosa época dáse a casualidade que o eixe terrestre apunta á estrela denominada Polaris. De aí que ao longo da noite pareza que toda o ceo xira ao redor desa estrela, provocando que as demais estrelas ao seu redor. En realidade, a estrela no Norte ou Polar fai un pequeno círculo porque non está exactamente onde apunta o eixe, senón desprazada lixeiramente. O eixe terrestre tamén xira nun movemento denominado precesión, polo que hai centos de anos era outra estrela a que marcaba o norte celeste. E a Polar estará aínda máis preto dese norte imaxinario dentro dun século.

Na imaxe, por riba dun castro aparente (no castro de Santa Tegra esta reconstrución dunha cabana é discutida por moitos expertos) podemos ollar este movemento grazas aos ronseis estelares captados pola cámara fotográfica. A imaxe foi formada a partires de 70 tomas de 25 segundos cada unha, para un total de 30 minutos de movemento.

Poderías gostar de...

Deixar unha resposta

A %d blogueros les gusta esto: