Ceos Galegos > O ceo galego a millóns de quilómetros

O ceo galego a millóns de quilómetros

Créditos da imaxe: NASA/Goddard/University of Arizona/Lockheed Martin

Aí o está, o país desde o espazo. Así se ve desde 64 millóns de quilómetros de distancia. Ese punto gordo é todo o planeta. Aí está o ceo galego, aí están todos os ceos. E as terras. O punto pequeno é o voso satélite natural. O único que tedes. A Lúa. Aparecen moi brillantes porque a miña cámara non está feita para isto. Está para apuntar ás estrelas. Así podo navegar polo espazo. Olla alá abaixo á esquerda, ese grupiño de estrelas son as Pléiades. Arriba á esquerda, a máis brillante chámase Hamal, a máis importante da constelación que lle chamades Aries. E, ao redor do planeta, esas cinco estrelas forman a cabeza da constelación da balea ou Cetus.

Estou montada en OSIRIS-REX, dirixíndome ao asteroide Bennu a unha velocidade de case 9 quilómetros por segundo. Alí collerei algunhas partículas da súa superficie dentro dun par de anos, para levalas de regreso á Terra dentro en 2013. Estou en modo automático. Hai uns días, cando fixen unhas probas de control dos meus equipamentos que incluían unha revisión da miña posición no espazo analizando as estrelas ao derredor, aparecestes no medio. Pouca cousa parece. O ceo galego. A Terra. E todo o que contén.

Poderías gostar de...

Deixar unha resposta

A %d blogueros les gusta esto: