Ceos Galegos > MeteoroLoxía > Un milagre lunar

Un milagre lunar

Créditos da imaxe: Dani Caxete

A cotío o ceo ofrécenos un espectáculo, ainda a simple vista. Só temos que miralo con bos ollos para descubrir fenómenos singulares. No ceo invernal, pode haber nubes altas que están cheas de cristais de xeo. Ao recibir a luz solar que bateu na Lúa, este refráctase por eses cristaliños que actúan a modo de prismas. Unha posible consecuencia é a formación dun circo luminoso ao redor do noso satélite, a un ángulo de 22º, motivado pola xeometría hexagonal dos cristais.

Para completar a receita dunha boa imaxe só se necesita que pase preto un fotógrafo ben armado experto en buscar un bo encadre, quen sabe se atraído pola famosa merluza do pincho. Así, no porto de Celeiro (Viveiro), este monumento aos náufragos colabora para o noso milagre lunar.

Noutrora fenómenos coma este eran agoiro de mellor ou peor meteoroloxía. Quen sabe se moitas milagres documentadas non eran en realidade simples efectos ópticos.

Poderías gostar de...

2 Respostas

  1. 7 Maio, 2018

    […] milagres nocturnos, e un sempre pode pensar que o enganan os sentidos. Pero tamén hai milagres a pleno sol, polo que […]

  2. 18 Maio, 2018

    […] naturais coma este: un perfecto aro irisado arrodeando ao Sol. Isto é un halo solar. Pode aparecer aparecer de noite na lúa, en calquera época do ano, na nosa latitude ou máis preto das zonas polares (onde son […]

Deixar unha resposta

A %d blogueros les gusta esto: