Novas > Eventos galegos > Obradoiro de contaminación luminosa en Vigo

Obradoiro de contaminación luminosa en Vigo

Data e hora: xoves 15 de marzo ás 20.00.

Lugar: Escola Oficial de Idiomas.

Localidade: Vigo.

Tipo: obradoiro de asistencia libre e exposición.

Obxectivo: capacitar aos asistentes para criticar e valorar calquera tipo de iluminación artificial noctura dando as ferramentas necesarias para coñecer as consecuencias que os diferentes tipos de luz teñen na contorna na que se instalan.

O desenvolvemento farase con exemplos reais, con xogos e favorecendo a participación dos asistentes.

Complementariamente dende o día 5 e ata o día do obradoiro no vestíbulo da escola poderase ver a exposición A contaminación luminosa depende de nós, unha exposición de 3 paneis obra da Agrupación Astronómica Ío da Coruña, e dunha pequena exposición de telescopios da Asociación Astronómica Rías Baixas.

Organizan: Calidade do Ceo Nocturno, Agrupación Astronómica Ío da Coruña e Asociación Astronómica Rías Baixas.

Poderías gostar de...

Deixar unha resposta

A %d blogueros les gusta esto: