O ceo galego é azul celeste

Imaxe de: Bardos, Osbio S.

En realidade é azul polo día. Pola noite pode ser negro, pero cheo de puntiños luminosos (son estrelas), ou de cor branca ou amarela nas cidades (non hai estrelas). Pero, a que se debe que o ceo na terra se vexa azul polo día sen nubes? Por que na Lúa as fotos que temos nos amosan un ceo negro? E por que nas imaxes de Marte ten unha cor máis avermellada?

Pois pola atmosfera que temos. Esa capa de varios quilómetros de grosor que rodea ao noso planeta, con diferente densidade según ascendemos, e polas partículas en suspensión, as moléculas de osíxeno e as de nitróxeno. A luz branca do Sol é unha mestura de diferentes cores ou lonxitudes de onda, como se diferencian no arco da vella. Os tons azuis son os de menor lonxitude de onda, polo que en días despexados todas as cores se esparexen moito agás os tons azuis, resultando ser esa a cor preponderante do ceo. O resto de cores pérdense. Se queres quedar ben con alguén podes chamalo esparexemento ou difusión Rayleigh

Ademais, no noso ollo hai dous tipos de células responsables da visión; os conos, que responden perante a intensidade luminosa, e os bastóns de tres tipos diferentes, sendo os máis sensibles os do azul.

Na Lúa non hai atmosfera, polo que incluso de día o ceo se ve negro, non hai nada que esparexa a luz solar. En Marte a luz que chega é moito menor. A atmosfera é máis tenue e ten máis po en suspensión, sobre todo proveniente de minerais de ferro, polos moitos ventos que zoan. Todo iso provoca que o ceo se vexa en tons máis ocres ou laranxas.Nós temos un ceo de cor azul celeste, coma este sobre a illa de San Simón (Redondela, Pontevedra).

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

2 comentarios en “O ceo galego é azul celeste”

Os comentarios están pechados.