O Sol en papel, fotográfico

Créditos da imaxe: Diego Calvin e Otto Roca.

Tecnoloxía do século xx: papel fotográfico introducido no fondo dunha lata de refresco (tanto ten a marca) cun pequeno furado feito cun alfinete. Isto foi o que se empregou para esta fotografía. Así, sen máis. Ou algo máis, moito tempo de exposición. Pero cando dicimos moito tempo queremos dicir varios meses. Así estivo esta cámara estenopeica (nome que recibe este aparello de última tecnoloxía) traballando para conseguir esta solarigrafía (denominación da técnica fotográfica). Ademais foi realizada por un equipo de persoas dirixido por un dos descubridores da tecnoloxía, aló a comezos do século xxi.

Pero, que é o que vemos? A longa exposición continua permite que o Sol “queime” o papel fotográfico velándoo e deixando a pegada do seu camiño. Segundo avanza a estación, o Sol cada día vai estando máis alto e hai máis horas de luz, así queda marcado na foto. E, tamén, como cada día o solpor ten un lugar un pouquiño máis ao norte, ata chegar ao solsticio de verán, pois así o descubrimos ollando o punto no que o sol se oculta tralo horizonte. Ou á inversa, dependendo de cando se instalara a “cámara”. E tamén serve de rexistro meteorolóxico. Aí temos os días que o ceo estivo cuberto de nubes, pois non aparece liña ningunha. E tamén os días en que houbo días e claros.

O resultado é unha foto fermosa, unha imaxe didáctica e unha paisaxe singular. Porque o que vemos ao fondo é o faro de Corrubedo (Ribeira, A Coruña); coa longa exposición foi quen de deixar a súa pegada na fotografía.

A imaxe tirouse ao longo dos meses de xullo e novembro de 2016. O burato tiña un diámetro de 0,2 mm eu distancia focal de 45 mm. Empregouse papel fotosensible ILFORD.

Esta imaxe formou parte do noso Calendario Astronómico 2018 que, agora, poder mercar cunha oferta de liquidación de 2×1.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

2 comentarios en “O Sol en papel, fotográfico”

Os comentarios están pechados.