Un borrancho azul no ceo galego

Créditos: Alfredo Madrigal

Nos ceos escuros e despexados, sen nubes terrestres, abundan as nubes cósmicas. Algunhas, as menos, enxérganse a simple vista desde ceos sen contaminación luminosa. Outras, xa precisan de prismáticos ou pequenos telescopios para poder detectarlas. Así fixo un astrónomo histórico e francés, Pierre Méchain, que descubriu uns anos antes da revolución francesa este borrancho na constelación de Orión. Ao non saber o que sería, decidiuse chamala nebulosa, xa que el estaba en realidade interesado en descubrir cometas. Nuns anos pasou a integrar un dos catálogos más famosos entre os astrónomos feito por Charles Messier, co nome de M78. Precisamente, Méchain colaborou con Messier uns anos, antes de embarcarse na expedición da medición do meridiano terrestre entre Dunkerke e Barcelona para fixar e definir o metro patrón, base do sistema métrico internacional do que agora gozamos. En traballos posteriores para prolongar a medición do meridiano ata Castelló e colaborar na fixación do meridiano 0º, acabou morrendo nesta cidade española vítima da febre amarela. Eran outros tempos.

Hoxe sabemos que M78 é unha nebulosa de reflexión, é dicir, reflicte a luz que recibe de dúas estrelas que andan por aí metidas e que reciben nomes tan pouco poéticos coma HD 38563A e HD 38563B. A cor azulada que se apreza débese a que esa lonxitude de onda é a que mellor se refracta polo po cósmico existente aí, un fenómeno similar á razón da cor azul do ceo terrestre. A esta distancia de 1600 anos luz na que estamos o tamaño da nebulosa é duns 5 anos luz de diámetro, o que en quilómetros terrestres viría a ser a burrada de case 50 billóns.

Para captar este obxecto o fotógrafo precisou dos ceos escuros do interior da provincia de Ourense, unha cámara réflex acoplada ao telescopio cunha montura especial e un número de 9 imaxes, cada unha con 6 minutos de exposición (ISO 1600), que despois foron integradas nunha súa imaxe.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “Un borrancho azul no ceo galego”

Os comentarios están pechados.