Ceos Galegos > Ceo fondo > Luz na noite lunar

Luz na noite lunar

Créditos da imaxe: Gonzalo González

A Lúa é un astro escuro, como a Terra. Podemos ver a Lúa porque recibe a luz solar, como a Terra. Na Lúa hai día e noite, luz e escuridade, como na Terra. Pero na Terra podemos alumear a noite mediante luz eléctrica. Pero non na Lúa. Porén, mira á parte superior esquerda desta Lúa, aparece unha luz na zona escura, preto do bordo que separa día e noite lunar. Pero na Lúa non vive ninguén. É a luz do Sol que alumea os cumios do cráter Aristarchus mentres o seu interior fica escuro.

Según avanza o mes lunar xorden da escuridade novos accidentes xeográficos antes escuros e, grazas as sombras que proxectan ao seu redor, saliéntanse á nosa vista. Neste caso estamos no día 10,9 da luada, cun alumeado do 89%.

Olla de novo ao cráter Aristarchus. Ten corenta quilómetros de diámetro e unha fondura de case 4 km. Cando a lúa está chea é o máis brillante de todos os seus cráteres, puidéndose albiscar a simple vista.

Se aínda non viches o cráter preme na imaxe e terás unha copia con anotacións. A fotografía foi tirada desde Santiago de Compostela (A Coruña) o pasado 26 de abril. Só precisou dunha toma cunha cámara réflex acoplada a un pequeno telescopio de tipo Newton 150/750, velocidade de obturación 1/800 e ISO 100. A técnica empregada denomínase “foco primario” pois non se empregou obxectivo na cámara nin ocular no telescopio. O corpo da cámara acoplouse directamente no telescopio, facendo este as veces de obxectivo.

Poderías gostar de...

Deixar unha resposta

A %d blogueros les gusta esto: