Unha tarabela cósmica

Créditos da imaxe: Alfredo Madrigal

Ben podería ser un xoguete infantil, se sopráramos nesta tarabela cósmica para facer xirar as súas aspas. En realidade é unha galaxia, coma a nosa, pero moito máis grande. Estímase que cos seus 170 000 anos luz de diámetro é dobre cá Vía Láctea. Non se sabe por que esta galaxia que, por sorte vemos xusto de fronte, ten esa forma espiral. Probablemente a dinámica gravitacional xerada pola fusión doutras galaxias no pasado a acción de atracción de gravidade entre os diferentes elementos que a forman: estrelas, nubes de po, materia escura, buratos negros e moito máis.

Aínda que a chamemos informalmente galaxia Tarabela, o seu nome técnico é M101. Forma parte dun catálogo creado no século XVIII polo astrónomo francés Messier. Non seu telescopio apenas se enxergaba unha mancha abrancuzada. De feito, no seu catálogo clasificaba nebulosas pois ese era o aspecto de todos os obxectos que ía atopando na súa pescuda polo ceo.

Perdidas por esa ampla imaxe da zona da Osa Maior vemos moitas máis galaxias. Abaixo e á esquerda unha que se clasifica coma NGC 5474 e que probablemente no pasado tivo un encontro gravitacional con M101. Pero hai máis; á esquerda podemos admirar varias pequenas nebulosas que son tamén galaxias moito máis afastadas. Preme na imaxe e terás unha versión con todos os obxectos clasificados.

Esta imaxe foi tirada desde o alto de Fontefría (A Cañiza, Pontevedra), un dos puntos de encontro habituais de astrónomos amadores galegos, o pasado 7 de maio. O fotógrafo combinou un total de 14 imaxes de 10 minutos cada unha realizadas e ISO 3200 sobre telescopio, axudándose dun filtro para reducir a contaminación luminosa. Máis algo de procesado informático posterior.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024