Novas > Eventos galegos > Un ano de astronomía nas fotos da NASA: charliña

Un ano de astronomía nas fotos da NASA: charliña


O Astronomical Picture Of the Day da NASA é unhas das webs máis antigas (desde 1995) que funciona a cotío. Cada día publica unha fotografía de temática astronómica comentada. Ao longo dun ano, os temas que se publican son do máis variado, o que nos permite construír con estas fotos un percorrido moi interesante polos temas que trata a astronomía e as últimas novidades e descubrimentos da ciencia. Tanto a web como esta charla están dirixidos a un público xenérico e non especializado, coa intención de contribuír á divulgación da ciencia en xeral e a astronomía en particular. Desde hai varios anos, é xa unha tradición que un dos autores da web da NASA, Jerry Bonnell, dea unha charla xusto despois das vacacións de nadal en New York, recompilando as fotografías máis destacadas do ano anterior.

Agora, por quinto ano consecutivo, damos unha charla semellante da man dun dos tradutores ao galego e editor de Ceos Galegos. A próxima convocatoria será preto de Pontevedra:

  • Edificio municipal de Carballedo (concello de Cerdedo-Cotobade).
  • Data e hora: 1 de xuño ás 21:30.
  • Organiza: Asociación Astronómica Sirio.

Ao rematar haberá unha visita guiada ao Observatorio Astronómico de Cotobade que xestiona a asociación Sirio. Cómpre traer roupa de abrigo.

Poderías gostar de...

Deixar unha resposta

A %d blogueros les gusta esto: