Colabora > Concursos 2018

Ao longo deste ano as fotos publicadas poderán participar en diferentes concursos e sorteos. Actualizaremos esta páxina según vaiamos contando con novos patrocinadores:

  • Concurso absoluto a mellor fotografía (pendente).
  • Concurso á mellor fotografía de ceo fondo (pendente).
  • Concurso á mellor paisaxe nocturna (pendente).
  • Concurso á mellor imaxe didáctica (pendente).
  • Concurso á mellor imaxe planetaria (pendente).
  • Concurso á mellor imaxe de móbil (pendente).
  • Concurso 4gotas á mellor fotografía de nubes:
    • As imaxes que teñan como motivo principal algunha/s nube/s. Poden incluír elementos da paisaxe, horizonte, monumento…
    • As imaxes serán enviadas ao correo fotos@ceosgalegos.com ou mediante o formulario da web ou por Twitter co cancelo #NubesGalegas e mencionando a @4gotas_com e @CeosGalegos.
    • As imaxes terán que respectar as mesmas condicións que as outras que se publiquen na web www.ceosgalegos.com.
    • Teñen que ser publicadas antes do 30 de novembro de 2018.
    • Os criterios para a elección da premiada serán, entre outros: tipo de nube, singularidade, composición…
    • O premio será a unha única imaxe e consistirá en:
      • regalo de 2 previsións meteorolóxicas personalizadas a realizar por 4 Gotas durante o ano natural 2019.
      • unha cea temática para 2 persoas no Parque Náutico de Castrelo (Castrelo de Miño, Ourense), en data e hora por concretar, durante unha fin de semana do mes de decembro.
      • a escolla da imaxe premiada será realizada por 4gotas, ao través dun concurso nas redes sociais que se comunicará no seu momento. De haber moitas imaxes publicadas realirase unha escolma das mellores polos integrantes de Ceos Galegos e 4 Gotas.
    • O xurado poderá declarar o premio deserto.
    • A decisión do xurado será inapelable.
    • O/A premiado será informado por correo electrónico e redes sociais.
    • O premio será entregado en lugar e hora que se concretará no mes de decembro de 2018.
    • Calquera consulta ou conflito sobre o concurso será resolto polos organizadores.