Coñécenos

Que é

Ceos Galegos é un proxecto de divulgación e comunicación social. De ciencia, no sentido amplo da palabra, pois inclúe astronomía, xeoloxía, bioloxía… pero tamén historia, arqueoloxía, literatura. De fotografía, pois artéllase ao redor dunha imaxe fermosa do ceo, ou didáctica, ou curiosa. De cultura, porque o coñecemento científico tamén é cultura. Porque coñecer o noso contorno máis próximo permítenos comprender mellor quen somos e de onde procedemos, proxectándonos cara o futuro. Pero tamén permítenos valorar mellor os ceos doutros lugares, porque podemos aprezar as semellanzas e as diferenzas.

 

Quen somos

O equipo está baixo a dirección de X. Dosi Veiga, licenciado en Física xa no século pasado pola Universidade de Santiago de Compostela. Tamén é o responsable principal do www.apodgalego.com, a tradución ao galego do Astronomical Picture Of the Day da NASA e redactor na única revista que aínda se edita en castelán con temática astronómica: AstronomíA. Socio fundador da Asociación Galega para a Comunicación e a Cultura Científica e Tecnolóxica.

Outros redactores se irán sumando ao equipo, ademais de programadores web e, sobre todo, fotógrafos e fotógrafas. Ti tamén podes ser parte do equipo se queres colaborar connosco.

Cando xorden temas afíns contamos cun amplo equipo de colaboradores para a corrección dos textos, que iremos incorporando a esta lista. Entre outros, contamos co asesoramento de:

  • Alberto Cifuentes: profesor de secundaria de bioloxía e xeoloxía.
  • Bea Hervella: meteoróloga.
  • José A. Costoya Puente: licenciado en medicina.

Fotógrafos

Nunha primeira fase, para a edición do Calendario Ceos Galegos 2018, contamos cos seguintes artistas:

Nas imaxes diarias que imos publicando na web, contamos con estes e outros fotógrafos: