Se o queres recibir directamente na túa casa, se non hai ningún punto de venta próximo ao teu fogar ou simplemente prefires compralo directamente, podes cubrir o formulario desta ligazón. As condicións xerais son:

  • prezo unitario de 20 euros, pero cun pedido mínimo de 2 unidades. Así, os gastos de envío sáenche de balde. Se queres só unha unidade deberás acudir a algunha das librarías da rede.
  • prazo de entrega antes das 19:00 do día seguinte á solicitude (de facela antes das 12:00), en Galicia, un día máis no resto do estado
  • pagamento trala recepción do pedido (por transferencia bancaria)
  • envíos a Galicia, España (agás Canarias, Ceuta e Melilla) e Portugal incluído no prezo. Consultar outros países
  • envíos só a enderezos físicos, non se admite envío a apartados de correos
  • reservamos 100 exemplares para a venta directa e outros 300 para a venta en librarías. Avisaremos no caso de esgotarse a edición

Por este ano non temos posibilidade de pagamento con tarxeta de crédito, paypal ou similar.

Podes consultar as condicións completas de envío.

Formulario para compra directa.

Listado de librarías

Estamos a ampliar os puntos de venda por toda Galicia. Estes son os lugares nos que xa dispós do Calendario Astronómico Ceos Galegos 2018:

Non hai ningunha preto de ti? Dille ao teu libreiro que fale connosco ou pídeo nesta web.

Tes unha libraría e queres participar deste proxecto? Cubre o noso formulario de librarías e recibirás o primeiro pedido nuns días. E, de promoción, 10+1 para pedidos anteriores ao 31 de outubro. O material entrégase en depósito ata o remate da campaña de Nadal, a primeiros de xaneiro.