Chega o inverno

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Solsticio inverno

Créditos: Rosa Veiga

O Sol móvese. A Terra móvese. As estrelas móvense. Todo se move. O máis evidente é o movemento diario do Sol. Pero tamén comprobar que os puntos do amencer e do solpor varían ao longo do ano. Quizais un dos nosos antergos, na época dos castrexos, descubriu que periodicamente o solpor tiña lugar no horizonte pasando polos mesmos cumios. E quizais decidiu marcar eses puntos dalgún xeito.

Ao redor do 21 de decembro, o Sol detén o seu movemento cara o sur para comezar a poñerse, cada día, un pouco máis ao norte (cara á dereita na imaxe superior). Por iso a partir de hoxe, ás 17:28 (ano 2017), as horas diarias de luz comezan a medrar. Aquí, o abrigo do Raposo (Amoeiro) agocha un estraño petróglifo, quizais esculpido por ese antergo noso. Aquí o solpor ten lugar xusto polo cumio de San Trocado. Alí hai un castro. A pouca distancia está a Lansbrica. Outro castro. Preto de aquí o Coto da Zarra e o Coto do Castro. Máis castros. Comeza o inverno. Comeza Ceos Galegos.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023

1 comentario en “Chega o inverno”

Os comentarios están pechados.