Sol e Vía Láctea do solsticio

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe composta e copyright: Stefan Seip (TWAN) vía Apod galego

Explicación: benvidos ao solsticio de decembro, o primeiro día de inverno no hemisferio norte e do verán no sur. As marcas astronómicas das estacións, as datas de solsticios e equinoccios, baséanse na posición do Sol na súa viaxe anual ao longo da eclíptica que atravesa o ceo da Terra. Neste solsticio, o Sol chega á súa declinación meridional máxima de -23,5 graos hoxe ás 16:28 TCU, mentres que a coordenada de ascensión recta na esfera celeste é de 18 horas. Iso sitúa ao Sol na constelación de Sagittarius nunha dirección preto do centro da nosa galaxia Vía Láctea. De feito, se puideras mirar o Sol do solsticio de hoxe contra as nebulosas e estrelas febles do fondo (iso é especialmente complicado de facer, especialmente nas hora de día) a túa visión sería algo semellante a esta panorámica composta. Para facela, tiráronse imaxes da nosa fermosa galaxia baixo os ceos escuros namibios que se uniron despois nunha vista panorámica. A partires dunha instantánea feita o 21 de decembro de 2015, o Sol superpúxose dixitalmente coma unha estrela brillante na posición do solsticio do inverno setentrional, preto do centro da Vía Láctea.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023

3 comentarios en “Sol e Vía Láctea do solsticio”

  1. Pingback: Ceos Galegos

Os comentarios están pechados.