A Lúa sobre o río

Galicia sen agua baixo a luz de lúa
“Galicia sen agua baixo a lúz de lua” de Alfredo Madrigal

A Terra móvese. A terra muda. A codia terrestre actual é o resultado de milleiros de anos de lenta evolución. A interacción entre auga e solo é moi importante. Cando un terreo asolagado seca, agroma un patrón típico denominado gretas de desecación. Neste caso, no encoro de Eiras (río Verdugo, Pontevedra), falto de auga pola seca que sofre o país desde hai meses. Son pegadas recentes. Coñecemos outras gretas parecidas cunha idade de centos de millóns de anos.

A vexetación adxacente evita que o panorama sexa máis desolador, baixo a luz da lúa en cuarto crecente que, por efecto da sobreexposición (o diafragma da cámara aberto varios segundos) semella unha enorme estrela. O ceo presume tamén dunha Vía Láctea á dereita, neste mosaico creado a partires de 11 fotografías individuais, cada unha de 20 segundos de exposición.

Coñecer os fenómenos xeolóxicos do noso planeta permítenos comprender o que observamos cando exploramos outros planetas. Os todoterreos automáticos que están a explorar Marte teñen topado con estruturas xeolóxicas semellantes. Un indicio máis de que quizais no pasado houbera auga superficial sobre o planeta vermello.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024