Isto é unha nebulosa

m42
“m42” de Ángel D. R. Arós

Isto non é un cadro impresionista abstracto; é unha imaxe fotográfica. Isto non é un presebe; só é unha nube de gas e po. Isto non está en oriente, senón ao sur nos ceos galegos. Isto é un nacemento, pero de estrelas.

No século XVIII era só un borrón nos telescopios que podía confundirse cun cometa, e recibiu o nome de M42. Pasou a formar parte dun libro con máis de 100 nebulosas. Enxérgase a simple vista no medio da chamada espada de Orión, por baixo do cinto da constelación de mesmo nome.  Hoxe cun telescopio moderno vemos unha ampla extensión abrancuzada que, ao empregar unha cámara fotográfica e tirar 20 fotografías de 30 segundos de exposición cada unha, combinadas regálannos un mundo cheo de cor. Cos nosos ollos non damos visto as cores reais da nebulosa.

A nebulosa de Orión é o lugar máis preto de nós no que se forman estrelas; un proceso longo e lento. Coñecemos o mecanismo porque temos información de diferentes estrelas en diferentes estadios de formación. A partir da unión de moitos, moitísimos átomos de hidróxeno que acaban por colapsar ata conseguir o inicio da fusión nuclear. Esta nebulosa está lonxe, a máis de 1 300 anos luz. As estrelas máis brillantes da imaxe está a outras distancias, entre 1 000 e 6 000 anos luz. O fotógrafo estaba máis preto, en Guitiriz (Lugo).

Esta imaxe forma parte do noso calendario Ceos Galegos 2018 en papel, cun tamaño de 48 x 34 cm.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

3 comentarios en “Isto é unha nebulosa”

Os comentarios están pechados.