Olla!, unha constelación

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Constelación de gominolas
Constelación de gominolas

Postos a imaxinar constelacións na imaxe de hoxe poderíamos ollar unha. O mesmo Orión ca onte, só que neste caso as estrelas teñen todas o mesmo tamaño relativo (na realidade hainas máis grandes e máis pequenas). Tampouco as cores da nosa constelación coinciden coas cores reais das estrelas, porque si, as estrelas tamén teñen cores diferentes. E neste caso, ademais, imaxinamos ao cazador suxeitando un escudo para defenderse.

A perspectiva que temos do ceo desde a Terra é bidimensional, de aí que ao longo dos anos diferentes culturas agruparan as estrelas facendo diferentes figuras de constelacións. Babilonios, exipcios, gregos (deles herdamos as constelacións clásicas recompiladas por Eratóstenes de Cirene nos seus Catasterismos), pero tamén chineses, hawaianos e outras culturas fixeron debuxos para homenaxear aos seus deuses ou contar historias mitolóxicas.

Hoxe, estas historias nos parecen algo así como unha inocentada.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Un mar de nubes

É a curiosidade a que disipará a brétema para verte en Arousa. No luar. Estíbaliz…Espinosa en #CeosGalegos21 Sempre hai unha primeira vez. Todos tivemos unha

Unha de meigas

Créditos da imaxe: Raúl Matos Unha nube? Unha ovella? Unha meiga? Xogar a ver formas nas nubes cósmicas pode ser tan divertido como xogar a

Procura

Subscríbete!

Calendario Ceos Galegos 2021

1 comentario en “Olla!, unha constelación”

Deixa un comentario