Alumeando un novo ano

Créditos: Alfredo Madrigal

O faro de punta Roncadoira alumea ao contorno desde máis de 15 metros de altura. Da súa luz branca parece xurdir a Vía Láctea nun excelente arco que enmarca o ceo típico de inverno. Baixo a parte esquerda desa nube difuminada aparece a constelación de Can Maior que precede a Orión. Moi recoñecible coas súas tres estrelas do cinto, as brillantes dos hombreiros por riba e dos pés por baixo. Entre a luz do faro enxérgase unha manchiña luminosa creada por varios puntos luminosos que forman o cúmulo estelar aberto das Pléiades.

Comeza un ano novo. A Terra inicia unha volta nova ao redor da súa estrela a partires deste momento, escollido arbitrariamente polos humanos. O universo segue a moverse ao seu ritmo. Porque todo se move ao noso redor. Feliz aninovo 2018.

Poderías gostar de...

A eclipse galega de sol (i)

Unha eclipse total de sol é o maior espectáculo que a natureza nos pode ofrecer. Gozar del ao carón do fogar é unha simple casualidade

A Eclipse Galega (i): que imos sentir

Unha eclipse total de sol é, sobre todo, unha experiencia para sentir, para vivir, en solitario ou coa familia ou co grupo de amizades. Independentemente

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026

3 comentarios en “Alumeando un novo ano”

  1. Pingback: As sete irmás do ceo – Ceos Galegos
  2. Pingback: O menos visto (e lido) de 2018 – Ceos Galegos
  3. Pingback: Contos de #CeosGalegos20 (ii): o cabo Home – Ceos Galegos

Os comentarios están pechados.