As sete irmás do ceo

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos: Alfredo Madrigal

Agora son moi sinxelas de ver no ceo. Entre o outono e a primavera, pero especialmente no inverno, percorren o ceo polo sur dentro da constelación do Touro e á dereita do recoñecible Orión. Son unha présa de estrelas, xuntiñas, sinxelas de ver incluso en contorno contaminados luminicamente, denominadas como as Pléiades ou M45 para os técnicos. Pero son máis fermosas a simple vista desde lugares escuros ou cuns simples prismáticos. Co avance da astronomía ao longo da historia, as sete irmás (que realmente estaban acompañadas dos seus pais Atlas e Pleione, albiscándose 9 estrelas) pasaron a ser tres ducias co telescopio de Galileo Galilei ata os centos que se coñecen na actualidade.

Realmente son estrelas irmás que naceron na mesma nube de gas e po hai pouco tempo, falando en termos cósmicos. Tan pouco como hai 100 millóns de anos, cando na Terra había dinosaurios. E suponse que seguirán viaxando en familia polo universo durante outros 250 millóns de anos máis, quen sabe se cando na Terra volva a haber dinosaurios. A nebulosidade que aparece nas fotos astronómicas non son restos da súa nube natal, senón outra que están atravesando por casualidade no seu planeo cósmico.

Moitas culturas antigas atoparon relevantes ás Pléiades. En galego a Academia da Lingua mantén que se denomina setestrelo, aínda que non todos o temos claro. En castelán reciben o nome das “siete cabritillas”. En xaponés reciben o nome de Subaru (unirse); fíxate no logotipo dun coche desa marca cando o vexas.

A imaxe foi feita desde os ceos ourensáns de Trevinca, procesando 8 tomas diferentes que sumaban un total de 80 minutos de exposición fotográfica. De aí a cantidade de estrelas que podemos admirar.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023

7 comentarios en “As sete irmás do ceo”

  1. Noraboa pola web, é moi intresante. So lle botaría en falta, como neste caso, un pequeno esquema/mapa para localizar os obxetos para a xwente sen coñecementos.
    Un saúdo

    • Pois tes razón. Iremos mellorando, porque a idea é ir aprendendo día a día cos textos. Pero sefuro que as pléiades volven saír moi pronto, porque quedou moito que contar delas. Tamén é certo que aínda estamos ampliando a canteira de fotógrafos que envíen cousas.

      Graciñas por comentar.

Os comentarios están pechados.