A Invernalia celeste

Créditos: www.stellarium.org

Agora que xa chegou o inverno, no ceo domina a mesma familia de constelacións ano tras ano. Se queres descubrilas só tes que mirar ao sur; a zona co ceo que está entre o punto do amencer e o do solpor. Máis ou menos o que veñen a ser cinco ou seis cuartas abrindo as mans coa brazos extendidos. Para máis pistas, se estás nun ceo escuro teremos á Vía Láctea com marco superior. Que podemos mirar?

Cara á esquerda hai tres estreliñas xuntas que forman o “cinto de Orión”. Por riba, por baixo e á súa dereita agrúpanse outras estrelas que en conxunto formarían a figura dun guerreiro, un cazador: o Orión na mitoloxía grega. Esa tamén é a súa denominación oficial no catálogo de contelacións.

Á súa esquerda e abaixo hai unha estrela moi brillante, Sirius, que domina unha constelación máis complicada de ollar denominada axeitadamente O Can Maior.

Á dereita de Orión outra estrela brillante e, se te fixas, cun ton amarelado. É Aldebarán, situada na cabeza do Touro, constelación imposible de recoñecer coa forma dun boi. Pero ao redor de Aldebarán hai un grupo de estrelas que parece formar un V deitado, coma se fosen as cornas do touro. Trátase dun cúmulo de estrelas aberto chamado Híades. Máis á súa dereita outro grupo de estrelas máis apertado, seis ou sete a simple vista, son as Pléiades das que falamos o outro día.

Es quen de recoñecer esas figuras? Seguro que non?

Poderías gostar de...

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Dúas nebulosas

Á esquerda da imaxe podemos admirar a nebulosa NGC7000, alcumada Norteamérica porque a estrutura inferior remeda á península de Florida; cousas da pareidolia. Trátase dunha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026

11 comentarios en “A Invernalia celeste”

  1. Pingback: Unhas cornas, un touro e un cometa – Ceos Galegos
  2. Pingback: As sete irmáns do ceo revisitadas – Ceos Galegos
  3. Pingback: Unha lúa negra sobre as luces da cidade – Ceos Galegos
  4. Pingback: Estrelas todo o ano – Ceos Galegos
  5. Pingback: Ás veces vexo estrelas – Ceos Galegos
  6. Pingback: Adeus invernalia – Ceos Galegos
  7. Pingback: A flor dun gañador – Ceos Galegos
  8. Pingback: Na espada do cazador – Ceos Galegos
  9. Pingback: Alnitak, o cinto – Ceos Galegos
  10. Pingback: O helmo do deus Thor – Ceos Galegos
  11. Pingback: Un helmo cósmico para un deus fantástico – Ceos Galegos

Os comentarios están pechados.