Unhas cornas, un touro e un cometa

Créditos da imaxe: Fins Eirexas

Na constelación do Touro hai unhas estrelas fermosas que semella formar as súas cornas, pois parecen un V deitado. Son as Híades, un cúmulo estelar aberto, é dicir, estrelas que naceron na mesma nube molecular hai moito tempo e que agora están a espallarse polo cosmos. Na mitoloxía grega, son sete medio irmáns das Pléiades, coas que comparten mesmo pai: Atlas. No medio aparece unha intrusa, a estrela Aldebarán que do brillante que é saturou o CCD da imaxe. Está moito máis preto de nós que as Híades, a só 65 anos luz cando estas vanse aos 150 anos luz.

O máis interesante da imaxe está a dereita do centro. Para Aristóteles sería a condensación do fogo que se atopa no extremo do ceo coa inflamación da terra por culpa do movemento circular do ceo. Para nós, un cometa. Un visitante de fóra do Sistema Solar descuberto hai dous anos polo proxecto PanSTARSS e que, no momento da foto, estaba dúas veces máis afastado de nós que nós do Sol.

Resulta imposible de observar a simple vista nin con prismáticos. Incluso nesta imaxe formada pola suma de 15 tomas de 60 segundos cada unha, a súa cola iónica aparece feble. Pero albíscase a súa cor azul. Débese á emisión de monóxido de carbono ionizado e a súa interacción coa luz do Sol. Desde a Serra do Suído para o mundo.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

3 comentarios en “Unhas cornas, un touro e un cometa”

  1. Hoxe estreamos fotógrafo novo. E cunha foto moi interesante, polo complicado que é perseguir e capturar un cometa tan feble coma este. Benvido Fins Eirexas e que nos mandes moitas máis fotos.
    E aos que lles interese colaborar, animádevos.

Os comentarios están pechados.