Un raio azul no Sol

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos do vídeo: Alfredo Madrigal

Se é raro ver ao Sol emitir unha raio verde, que esta sexa azul xa é extraordinario. Tanto que este é o primeiro rexistro do mesmo en Galicia e só coñecemos uns poucos no resto do mundo. Curiosamente, varios na Illa da Palma, publicados no APOD da NASA coa súa denominación de “blue flash”. Quizais sexa porque hai unha maior concentración de astrónomos e de fotógrafos do ceo que noutras partes do mundo.

Pero, por que acontece isto? É unha mestura de fenómenos que combina a refracción por capas da atmosfera de diferente grosor e densidade, de xeito que a luz “dóbrase” cara nós, efecto de espellismo xa eu o Sol está máis baixo do horizonte do que aparece e un efecto de prisma atmosférico, que provoca a descomposición da luz solar nas diferentes cores do arco da vella. Así, en certas circunstancias chegan a nós só as compoñentes verdes e de xeito máis raro as azuis, como neste caso. As súas lonxitudes de onda son favorecidas polas especiais condicións das capas atmosféricas ao seren máis curtas, mentres as do resto das cores se esparexen máis alá de onde estamos nós.

O vídeo (na súa canle de YouTube está a versión completa de 2:30 minutos) tirado polo fotógrafo no verán de 2016 estivo a durmir no seu disco duro todo este tempo, xunto con centos de fotos que fixo nos días seguintes pendentes de revisar e procesar. Foi agora que au buscar novo material para enviar ao noso proxecto que lle chamou a atención. Este solpor foi retratado nos cantís de Loiba, en Ortigueira, pretiño do banco máis fermoso do mundo. Outro lugar frecuentado por fotógrafos para rexistrar os seus solpores. Na propia web do autor tedes profusa explicación do raio azul ou “blue flash“.

A banda sonora corresponde a un grupo de paxariños que estaban a piar no mesmo lugar, contentos pola fermosura do raio azul.

Queres colaborar co noso proxecto? Merca un dos nosos calendarios nunha libraría.

 

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023

5 comentarios en “Un raio azul no Sol”

Os comentarios están pechados.