Un raio azul no sol revisitado

Créditos da composición: Alfredo Madrigal

A refracción da luz do Sol ao atravesar as capas baixas da atmosfera provoca efectos singulares. De aí a posibilidade de albiscar raios verdes, azuis ou doutras cores. A atmosfera actúa a modo de prisma coa luz do Sol, o que explica en gran parte o raio azul do vídeo de onte. Con todo, é bastante máis complexo explicar completamente a xeometría do fenómeno e habería que falar tamén de efecto de espellismo e desbotar efectos da propia óptica dos equipos, sensibilización do observador… Nos anos 50 do século pasado publicouse un completo estudo científico sobre cousas raras que lle pasan ao sol ás veces ou, titula máis axeitadamente: “O raio verde e outros fenómenos solares inferiores”. Está feito por persoal do Observatorio Vaticano, daquela situado en Castel Gandolfo e hoxe con sé nova en Arizona, por evidentes motivos de busca de ceos escuros.

Pero antes xa había científicos famosos á procura do “blue ray of sunrise” ou “blue flash” como lord Kelvin. Este tivo a sorte, ou a paciencia, de lograr ver:

Unha luz azul contra o ceo sobre o perfil meridional do Mont Blanc que, en menos dunha vixésima de segundo fíxose dun branco cegador, coma un brillante arco de luz eléctrica.

Os efectos da atmosfera provocan outras cores no Sol, como raios violetas (ás veces ollados como variacións de azul) ou raios vermellos (que publicaremos axiña nesta web). E tamén a Lúa amosa algúns destes fenómenos.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024