As sete irmáns do ceo revisitadas

Créditos da imaxe: produción propia sobre fotografía de Alfredo Madrigal

Aí o están: Alcione, Taigeta, Pleione, Merope (chamada a pléiade perdida), Maia, Electra, Celaeno e Esterope (por duplicado), as sete irmáns do ceo, acompañando ao seu pai Atlas e á súa nai Pleione. En tempos dos gregos clásicos aparecen descritas por Eratóstenes de Cirene no seu libriño Catesterismos, onde nos conta que:

A constelación das Pléiades atópase no chamado corte do lombo do Touro. Reunidas nun acio de sete estrelas, disque son as fillas de Atlas, e por iso denomínanse “sete pasos”. Porén, non son visibles as sete, senón só seis, e dase a seguinte explicación: seis delas uníronse a diversos deuses, e a sétima uniuse a un mortal. De entre as primeiras, tres uníronse a Zeus (Electra, da que naceu Dárdano; Maia, nai de Hermes, y Taigeta, da que naceu Lacedemón). Outras dúas uníronse a Posidón (Alcione, nai de Hiereo, e Celaeno, da que naceu Lico). Cóntase que Esterope uniuse ao deus Ares, de cuxa unión naceu Enómano. Finalmente Merope uniuse ao mortal Sísifo, motivo polo que non se nos amosa visible. Entre os homes gozan de moi boa reputación, xa que anuncian o comezo da primavera. A súa disposición no firmamento é moi feliz, pois debuxan a forma dun triángulo, según di Hiparco.

O feito de anunciaren daquela a chegada da primavera pode ser unha boa explicación para que aparezan en descubrimentos arqueolóxicos coma o fermoso disco de Nebra; o instrumento máis antigo coñecido que ten unha representación do ceo.

O nome do cúmulo pode vir de Pleione, a muller de Atlas, como nai das estrelas, ou vén de Pliades que viña a significar daquela “navegar”, dado que a posición das Pléiades no mes de maio indicaba o periodo propicio para a navegación polo Mediterráneo. Ata no Quixote aparecen cando Sancho Panza afirma que fixo unha visitiña ás “siete cabrillas” en soños e dacabalo de Clavileño.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

2 comentarios en “As sete irmáns do ceo revisitadas”

Os comentarios están pechados.