Olla, un ovni

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos: Aleixandrus (licenza Creative Commons)

Ben puidera ser que esa luz tan brillante no ceo, tan rápida que o atravesa en segundos, tan cambiante no seu brillo, fose algo que non coñecemos. Ben poderiamos chamalo entón, con toda propiedade, como un obxecto voante non identificado. Pero tamén puidera ser que pensaras que é un satélite artificial. Esa rectitude e esa regularidade na traxectoria o delatan. Tamén a rapidez, seguro que “voa” baixo. Para evitar caer á Terra os satélites que estean a unha altura relativamente baixa teñen que levar unha alta velocidade para manterse a esa altura.

Se foses un observador experimentado afirmarías que se trata dun satélite de comunicacións Iridium, o número 15 neste caso. Trátase dunha constelación de 66 satélites, de aí o nome do elemento químico. Dan cobertura global de telefonía móbil, aínda que os aparellos non sexan precisamente pequerrechos. O deseño das antenas con tres paneis do tamaño dunha porta xunto coa súa especial orientación cara a Terra fan que reflictan a luz solar. Esta enfócase a un lugar da superficie moi concreto, xerando un resplandor duns segundos de duración. Estos “reflexos de Iridium”, predicibles, poden ollarse incluso desde contornos non moi escuros como o da imaxe, tomada no centro de Santiago de Compostela. Corresponde ao satélite número 15 do proxecto, que acada o seu brillo máximo entre Cefeo e Casiopea.

O editor de Ceos Galegos está de xira, con charlas de astronomía, por toda Galicia. O 2 de febreiro en Santiago de Compostela.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Para que vale unha eclipse lunar?

A resposta curta: para nada. A resposta menos curta: o espectáculo é sempre fermoso. Neste caso, foi unha eclipse parcial, pero tratar de vela entre

A contra luar

Para facer boas fotos é preciso: boa cámara, sentido estético e matemáticas. As matemáticas son útiles en todos os aspectos da vida. Sen saber trigonometría

Un novo mensaxeiro cósmico

O cometa da imaxe descubriuse hai menos de dous meses. O máis abraiante é que o descubriu un astrónomo amador xaponés. Aínda hai espazo para

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023