Galaxias en contacto

Créditos: Ángel D. R. Arós

Velaí o están, dúas galaxias que se están a atraer unha á outra por mor da gravidade. No centro unha moi similar á nosa pola súa forma espiral; denominada M81. Situada a case 12 millóns de anos luz de distancia, os seus brazos espirais agochan unhas zonas avermelladas onde se están a formar estrelas. Nótanse ao ampliar a imaxe. Na parte superior está a galaxia M82, cunha forma irregular; de seguro debido a que hai moito tempo sufriu complexas interaccións coa primeira.

A amplo campo da fotografía permite ollar outra galaxia abaixo á esquerda, denominada NGC 3077. Descuberta en 1801 por William Herschel, xunto coas outras dúas forma parte do mesmo grupo galáctico. As tres galaxias sofren de atraccións gravitacionais mutuas. O resto de puntos que ollamos son estrelas moito máis achegadas, todas elas pertencentes a nosa propia galaxia.

Cun telescopio dariamos visto algun borrancho se apuntamos cara a zona correcta da Osa Maior. Para obter esta imaxe o autor realizou diversas tomas cun telescopio e unha cámara específica para astronomía Atik 460, ademais de varios filtros para destacar diferentes aspectos das galaxias. Foi hai un mes, aproveitando os ceos escuros do Observatorio Astronómico de Cotobade (Pontevedra).

Aviso: o editor de Ceos Galegos está de xira, con charlas de astronomía, por toda Galicia. O 2 de febreiro en Santiago de Compostela.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “Galaxias en contacto”

Os comentarios están pechados.