Un raio vermello e un raio verde no solpor

Créditos: Dani Caxete

No mesmo solpor captouse un raio verde (incluso con detalles azulados) e un raio vermello. No mesmo lugar que o noso raio azul dos cantís de Loiba. Polo mesmo fotógrafo que deu a coñecer o lugar ao retratar o banco máis fermoso do mundo baixo un arco da Vía Láctea, imaxe que en case todos os lugares apareceu recurtada. O mesmo Sol que podemos ver cada día.

Un raio vermello e un raio verde. Un por baixo e outro por riba do Sol. Cuestión de xeometría e de comprender como se refracta a luz branca solar ao pasar pola nosa atmosfera. Pola parte superior nos chegan directamente as partes da luz solar con menor lonxitude de onda e da parte inferior as que teñen maior. Os seus camiños son diferentes, o de arriba amosa maior refracción que o inferior.

Ver un raio verde é difícil, pero relativamente sinxelo. Ver un raio vermello é raro, moi raro. Pero non chama tanto a atención porque destaca menos nun Sol a miúdo avermellado pola parte inferior ao poñerse. Ser quen de captar no mesmo solpor, o mesmo día, só cuns minutos de diferencia ámbolos dous xa leva de novo o tema ao carácter de extremadamente raro. Tamén pode darse o caso de que se vexa na Lúa, pois a luz é a mesma.

Esta primicia aínda sen publicar era tirada a víspera da eclipse solar do ano 2017, que no país só foi parcial. Foi o 20 de agosto, dende os cantís de Loiba (Ortigueira). Foron tomadas empregando un telescopio de 550 mm cunha lente barlow x2 e unha cámara Full frame acoplada. Son dúas imaxes superpostas que pertenecen a un vídeo secuencia aínda en proceso de elaboración por Dani Caxete. Dado o artístico das súas propostas, seguro que engaiola.

Charla: o editor de Ceos Galegos en Compostela, na Nave de Vidán, venres 2 de febreiro ás 21:00 horas “Un ano de astronomía en imaxes da NASA“, con observación astronómica ao rematar.

Poderías gostar de...

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Dúas nebulosas

Á esquerda da imaxe podemos admirar a nebulosa NGC7000, alcumada Norteamérica porque a estrutura inferior remeda á península de Florida; cousas da pareidolia. Trátase dunha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026

4 comentarios en “Un raio vermello e un raio verde no solpor”

  1. Pingback: No próximo solpor mira detrás – Ceos Galegos
  2. Pingback: Unha raiola verde – Ceos Galegos
  3. Pingback: Contos de #CeosGalegos20 (iii): o país do raio verde – Ceos Galegos
  4. Pingback: Un raio azul en estéreo – Ceos Galegos

Os comentarios están pechados.