No próximo solpor mira detrás

Créditos da imaxe: Dani Caxete

Os solpores son fermosos. O ceo amosa un espectaculo de cores variadas e o Sol ás veces abráianos con raios de cores diferentes.

O solpor é fermoso, pero mira por detrás de ti. No horizonte contrario, se non hai nubes no ceo, gozarás dun espectáculo diferente. Unha zona escura aparece polo horizonte e vai subindo pouco a pouco. Se estás no alto do monte ata poida que deas visto que esa sombra é redondeada, pois é a propia sombra da Terra.

Cun pouco de sorte, entre a zona escura e a parte alta do ceo azul aínda alumeada polo Sol aparecerá unha franxa de cor rosada; chámase cinto de Venus. A cor rosa do ceo débese á refracción da luz solar na atmosfera polas pequenas partículas en suspensión. Na parte alta aínda domina o chamado efecto Rayleigh, coas lonxitudes de onda azuis da luz solar as dominantes. Pero na divisoria son as lonxitudes de onda que forman o rosa as que non se esparexen e prevalecen.

Curiosamente, é imposible ollar ao planeta Venus nesa zona, nunca está tan afastado da nosa estrela. Non está clara a orixe desta denominación, quizais por unha asociación da cor rosa ou morada coa feminidade que representa a deusa Venus.

Lembra que se queres ver o Cinto de Venus tes que mirar ao contrario que o solpor. E poderás descubrir tamén unha familia de porcos bravos paseando polas terras de Guitiriz (Lugo).

Poderías gostar de...

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Dúas nebulosas

Á esquerda da imaxe podemos admirar a nebulosa NGC7000, alcumada Norteamérica porque a estrutura inferior remeda á península de Florida; cousas da pareidolia. Trátase dunha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026

1 comentario en “No próximo solpor mira detrás”

  1. Pingback: Un ceo estratosférico – Ceos Galegos

Os comentarios están pechados.